Encontramonos ante un mapa político de Europa antes da 1ª Guerra Mundial. Nel podemos observar o Imperio Alemán, o Imperio Astro-Hungaro, o Imperio Ruso, ademáis do resto de países que formaban ata entón Europa, como poden ser Francia, España, Portugal, etc etc.
Os diferentes países presentaban unha polítca independente. Algúns estados eran democráticos e outros rexianse por monarquías tradicionais.
No mapa podemos observar a situación de moitos dos países que se viron involucrados na guerra, xa que despois desta, a situación de estos países cambia. Co final da guerra desaparecenron os grandes imperios e implantaronse novos réximes políticos ao mesmo tempo que se constituiron novos estados de acordo co principio Wilsoniano de respecto ás nacionalidades.
Cara 1920 Europa estaba formada por 28 estados. Todos eles, agás un, eran democracias parlamentarias.