sábado, 19 de marzo de 2011

Mapa proceso de independencia americana

A guerra da independencia   (1775-1783)

En 1774, os representantes das trece colonias reuníronse no primeiro congreso de filadelfia, en que se redatou unha declaración de dereitos e se iniciaron os primeiros movementos de armas. A derrota británica en Lexington (1775) deulle maior impulso á insurreción.
 No político, Thomas Jefferson, o artífice ideolóxico da Revolución Americana, redactou a Declaración dos Dereitos de Virxinia (1776). Nela enunciábanse os principios da soberanía nacional, a división de poderes e sufraxio, e foi a base da Declaración de  independencia Estados Unidos, asinada o 4 de xullo de 1776.
Os colonos contaron coa axuda mimlitar de España e Francia, que querían debilitar a Gtan Bretaña. O desenvolvemento da guerra entrou na súa fase decisiva coas victorias dos colonos en Saratoga (1778) e Yorktown (1781). Isto levou á sinatura  da Paz de Versalles (1783), en que Gran Bretaña recoeceu a independencia de Estados Unidos.

O legado  da Revolución Americana

A Constitución  de 1787 organizou a nova orde política.
O novo Estado tiña unha estructura federal. O presidente controlaba o poder executivo e era elexido cada catro anos mediante un sufraxio indirecto. George Washington foi o primeiro presidente de Estados Unidos.
O poder lexislativo tamén era elixido polos cidadáns e recaía no Congreso, que estaba composto por dúas cámaras, a Cámara de Representantes e o Senado.
O poder xudicial recía nos tribunais. O Tribunal Supremo controlaba que as leis e os actos do goberno nun vulnerasen a Constitución.
A Revolución Americanan tivo moita influencia posterior. Foi un modelo para a Revolución Francesa e para os movementos de independencia dos resto de América , xa que a Constitución de 1787 foi a primeira promulgada no mundo en que se levaban á prática totalmente os principios teóricos da soberanía nacional e a separación de poderes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario